Política de accesibilidade

A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais desta sede electrónica sexa independente dos dispositivos físicos e navegadores web empregados para tal fin, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A política de accesibilidade aplicada pola Xunta de Galicia está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Co cumprimento destas esixencias, a Xunta de Galicia cumpre asemade co sinalado no artigo 6 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, que menciona a obriga, por parte da Administración galega, de adoptar todas as medidas técnicas necesarias co fin de satisfacer o previsto na normativa sobre accesibilidade.

A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data de 23/03/2012.

Alcance

O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es que manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina que a portada desta.

Cumprimento de estándares

  • As páxinas desta sede cumpren todos os requisitos de Prioridade 1 e Prioridade 2 segundo a Norma UNE 139803:2004.

  • Cumprimento das normas WCAG 1.0 (Web Content Accessibility Guidelines) do W3C(World Wide Web Consortium), no seu nivel intermedio (AA).

  • A presentación baséase na recomendación do W3C sobre as Follas de Estilo en Cascada Nivel 2 Revisión 1 (CSS 2.1).

  • Empregouse a linguaxe de marcado XHTML na súa especificación 1.0 Transicional.

Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox , Chrome , Opera , Konqueror , Internet Explorer , Safari, etc.

Uso das características de accesibilidade

O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido ás facilidades que proporciona cada un deles.

Teclas de acceso rápido

O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando distintas combinacións de teclas segundo o navegador:

  • Microsoft Internet Explorer; Pulse a combinación de teclas Alt tecla de acceso rápido e a continuación Retorno Enter.

  • Netscape e Firefox: Pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Alt, e a a tecla de acceso rápido.

  • Opera 7 e superior: Pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Esc, sólteas e a continuación pulse só a tecla de acceso rápido.

  • En Macintosh a tecla Alt substitúese pola tecla Ctrl.

Nesta sede están dispoñibles as teclas de acceso rápido:

  • 0 - Portada

  • 1 - Mapa do portal

  • 2 - Accesibilidade

  • 3 - Atendémolo/a

No caso de haber tabs as teclas son:

  • A - Primeira

  • B - Segunda

  • C - Terceira

E así sucesivamente.

Tamaño dos textos

As páxinas da sede electrónica da Xunta de Galicia especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario, e sen crear problemas de visualización.

Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador da seguinte maneira:

  • Microsoft Internet Explorer: a través do menú ”Ver” > ”Tamaño de texto”.

  • Netscape e Firefox: a través do menú ”Ver” > ”Tamaño do texto” ou empregando a combinación de teclas Ctrl "+" ou Ctrl "-", segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Pulsando Ctrl= restablece o texto ao tamaño normal.

  • Opera 7 e superior: a través do menú ”Ver” > ”Escala” ou empregando as teclas , - e * segundo se queira aumentar, diminuír ou restablecer o tamaño do texto.

Navegación

Para facilitar a navegación e identificación desta sede, todas as páxinas desta sede electrónica manteñen compoñentes comúns como a cabeceira e o pé de páxina.

A cabeceira contén principalmente:

  • Un espazo de utilidades:

    • Ligazón ao portal corporativo da Xunta
    • Accesibilidade
    • Mapa do portal
    • Versións idiomáticas do portal (galego e castelán)
  • Un menú principal con...

    • Inicio
    • Programa de Garantía Xuvenil
    • Como me vai axudar a miña Comunidade Autónoma?
    • Área Mocidade
    • Área Empresas

O pé contén principalmente:

  • Ligazóns á páxina de inicio, a información de “Aviso legal”, ao servizo de “Atendémolo/a” e a un espazo con información sobre Protección de Datos.