Requisitos

Estes son os requisitos que debes cumprir se queres participar no programa:

  • Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza que se atopen en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén poderán inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
  • Ter o empadroamento en calquera localidade do territorio nacional español.
  • Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • No ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Non ter recibido accións educativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • No ter recibido accións formativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolven no marco da Garantía Xuvenil.

 

Como podo inscribirme?

Para acceder é necesario cumprir as condicións anteriores. En caso contrario, non se poderá facer efectiva a inscrición.

Con carácter previo á inscrición, o Ministerio de Empleo y Seguridad Social realizará os controis necesarios para comprobar o cumprimento dos requisitos anteriores.

Unha vez realizada a inscrición a Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado, cada unha no marco das súas competencias, as empresas que consideren aplicarse algún dos incentivos previstos na normativa vixente para este suposto, así como as entidades que colaboran na xestión do Fondo Social Europeo, poderán ofrecer algunha das medidas ou actuacións recollidas no catálogo do Plan de Implantación de la Garantía Xuvenil e na Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven.

Pasos para darse de alta no sistema

Para ser beneficiario da Garantía Xuvenil se deben cumprir os requisitos establecidos e acceder ao ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil para inscribirse.

Presentámoste varias opcións:

1. Acceso ao rexistro con DNI electrónico ou certificado

A forma máis sinxela e rápida de acceder ao rexistro é a través de DNI electrónico, certificado electrónico recoñecido ou outros medios que se establezan normativamente e que se habilitarán para o seu emprego por parte das persoas usuarias.

Información para obtelo

2. Acceso con usuario e contrasinal

Os mozos e mozas interesados en iniciar a inscrición telemática que non dispoñan de identificación electrónica poderán solicitar o seu usuario e contrasinal enchendo o formulario de solicitude de usuario e contrasinal adxunto entregándoo en calquera das oficinas de rexistro da Administración Xeral do Estado, da Xunta de Galicia ou das entidades establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Despois de entregar o impreso, o interesado recibirá por correo electrónico a comunicación do seu código de activación que deberá introducir no enlace Activar usuario situado na páxina de acceso ao Sistema para obter o seu contrasinal.

Este código de activación tamén se pode solicitar por correo electrónico enviando o nome completo, DNI, teléfono mobil e correo electrónico a: garantiaxuvenil@xunta.es ou a través do teléfono 012.

3. Outras formas de acceso

A inscrición débese realizar por vía telemática en todos os casos coa excepción de aquelas persoas que se atopen en risco de exclusión social que conten co certificado que o acredite e/ou discapacidade recoñecida. Estas persoas poderanse inscribir mediante a presentación do formulario de inscripción ao sistema de garantía Xuvenil adxunto nas oficinas de rexistro da Administración Xeral do Estado e da Xunta de Galicia e das Entidades establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Procedemento de atención ao beneficiario

O procedemento desde que un usuario cursa a súa inscrición abrangue estes catros pasos:

  1. Inscrición telemática no rexistro do SNGX.
  2. Incorporación ao sistema e elaboración do perfil.
  3. Notificación da resolución de inscrición.
  4. Proposta de actuación.