CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DE GARANTÍA XUVENIL

O programa de Garantía Xuvenil puxo en marcha no mes de outubro unha campaña que chegará a máis de medio cento de localidades galegas durante os vindeiros meses para informarvos a todos sobre as vantaxes da estratexia. 

Por unha banda, unha aula móbil percorrerá ata final deste ano máis de vinte municipios das catro provincias galegas. Esta actividade complementarase coa impartición de charlas informativas en boa parte da xeografía da nosa comunidade co fin de que todos os mozos e mozas galegas coñezades o programa. As dúas iniciativas serán de libre acceso e contarán coa presenza de técnicos orientadores de emprego, que estarán dispoñibles para explicarvos en que consiste o programa, resolver todas as vosas dúbidas e axudarvos co proceso de inscrición.

 

PRÓXIMAS DATAS. CONSULTA O PROGRAMA AQUÍ

AULA MÓBIL

7 Viveiro Xardíns de Noriega Varela

9 e 10 Ribeira Paseo do Malecón

CHARLAS

Día 9

12:00 h. Carballo Fórum (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n)

17:00 h. Ordes Salón de plenos dos Baixos da Alameda

19:00 h. A Laracha Edificio Administrativo. 3º andar(Avenida de Fisterra, 60)

Día 10

10:00 h. Melide Aula CeMIT do Edificio Multiusos (Praza das Universidades, s/n)

12:00 h. Arzúa Aula CeMIT do Edificio de Servizos Múltiples (Rúa de Lugo, s/n)

17:00 h. Noia Casa da Cultura (Rúa Corredoira Luis Cadarso, 6)