Orientación laboral

Na vosa labor de busca de alternativas de traballo, non estades sos. Actualmente un equipo de 56 técnicos traballan nas oficinas do Servicio Público de Emprego de Galicia. Estes técnicos teñen como misión atender aos mozos e mozas non ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, realizar labores de asesoramento e facilitar a información sobre as medidas e programas dispoñibles no Sistema de Garantía Xuvenil.

CONSULTA AQUÍ A RELACIÓN DE CENTROS ORIENTADORES EN GARANTÍA XUVENIL

Colaboración con entidades, con e sen ánimo de lucro, debidamente acreditadas e autorizadas, co fin de derivar cara a elas algunhas das actuacións dirixidas a incorporarvos no mercado laboral.

Formación para o emprego e prácticas

En que consiste ?

Este programa ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas que non estean traballando nin participando en actuacións educativas ou formativas, de entre 18 e 29 anos, que estean incluídas no ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil en España, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Que propoñen?

Formación básica.

Para os mozos  e mozas participantes que non acadasen os obxectivos de educación secundaria obrigatoria, organízanse programas específicos coa finalidade de proporcionarlles aos mozos e mozas unha formación básica e profesional que lles permita incorporarse á vida activa ou proseguir os seus estudos.

Formación complementaria.

·         Formación profesional en especialidades ligadas a un certificado de profesionalidade..

·         Información profesional e orientación laboral.

·         Formación sobre autoemprego e creación de pequenas empresas.

·         Información sobre técnicas de búsqueda de emprego.

·         Módulo de sensibilización medioambiental.

·         Módulo de alfabetización informática

·         Formación en prevención de riscos laborais.

·         Módulo de sensibilización de xénero

Áreas de actuación

Dependerán do tipo de proxecto, para este programa en 2015 priorizanse aqueles proxectos que se dirixan á formación e capacitación naqueles sectores que teñan maiores perspectivas de inserción laboral, tales como novas tecnoloxías da información e comunicación, enerxías alternativas, xestión da auga e de residuos.

Tradicionalmente este tipo de proxectos inciden nos seguintes sectores ou areas de actuación:

 Relacionados co sector da construción:

·         Albanelaría

·         Cantaría

·         Fontanaría-electricidade

·         Carpintaría metálica

·         Carpintaría de madeira

·         Forxa

·         Soldado-alicatado

·         Encofrado

·         Escaiola

·         Mampostaría

Vinculados con traballos en madeira:

·         Ebanistaría

·         Tapicería

·         Carpintaría de ribeira

·         Carpintaría de obradoiro

·         Marquetaría

·         Acabado do moble: barnizado, dorado e lacado

Referidos a temas de medio ambiente

·         Xardinaría

·         Repoboación forestal

·         Recuperación áreas degradadas

·         Reciclaxe de residuos sólidos

·         Podador

·         Viverista

·         Turismo rural

·         Tratamento de augas residuais

Relacionados cos novos filóns de emprego

·         Novas tecnoloxías da información e comunicación

·         Actividades tecnolóxicas diversas

·         Xestión a auga e de residuos

·         Agricultura ecolóxica

Relacionados coa prestación de servizos a comunidade

·         Axuda a domicilio

·         Coidado de nenos

·         Atención xeriátrica

·         Atención a colectivos marxinais.

Cando se poden aprender artesanías como:

·         Labrar con materiais nobres

·         Marroquinaría e curtido de pel e napa

·         Reloxaría

·         Cerámica

·         Encadernación artesanal

Que retribución percibe o alumnado?

Ao estar vinculado coa entidade promotora mediante un contrato de traballo, percibe unha retribución mensual equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional (648,60 euros)

Duración

Os proxectos teñen unha duración de  seis meses, período no que se alterna a formación profesional para o emprego xunto co desempeño dun traballo efectivo.

Prazo de solicitude: 30/01/16

Data límite de inicio dos proxectos: 30/09/16

Para máis información podes consultar a orde do 2016:

files/Orde_29_Decembro_2015_Programas_Mixtos_Formacion_Empleo.pdf

Outra modalidade que os propoñemos é que adquirades experiencia laboral en entidades sen ánimo de lucro. Trátase de proporcionarvos a oportunidade de traballar e adquirir experiencia mediante un contrato de 6 meses para prestación de servizos de utilidade pública ou interese social que redunden en beneficio da colectividade.

As actividades a desenvolver polos mozos e mozas contratados estarán relacionadas coa vosa titulación ou formación para axudar a mellorar o voso nivel de competencia profesional.

Para este ano 2016 este programa se articula en base a unha orde que regula a concesión de axudas a entidades  en ánimo de lucro que dispoñan de capacidade técnica y de xestión abondo para a execucion dos correspondentes proxectos.

A contía das subvencións irá en función das contratacións que efectuarán as entidades, que deberán ter unha duración mínima de 7 meses, e tomarase como referencia os custes salariais e de Seguridade Social das mesmas.

Prazo de solicitude: 22/02/16

Para máis información podedes consultar a orde de 2016:

files/Orde_29_Decembro_2015_Fomento_Emprego.pdf

ANEXOS ASOCIADOS

Xustificación

files/G-AnexoIII.pdf

Trátase de accións formativas destinada a todos os que non teñades cualificación, para que podades adquirir as competencias mínimas necesarias que vos axuden na busca dun emprego. Para os que xa teñades formación, proporcionaránsevos cursos axustados ás demandas do tecido produtivo.

As accións formativas serán de catro tipos:

  • Accións formativas vinculadas coa aprendizaxe de idiomas.
  • Accións formativas vinculadas ás competencias requiridas polas empresas no ámbito das TIC.
  • Accións formativas dirixidas á obtención de Competencias clave.
  • Accións formativas dirixidas á obtención de Certificados de profesionalidade.
O programa desenvolverase a través da convocatoria dunha orde de subvencións dirixidas a aqueles centros de formación debidamente inscritos/acreditados, tanto en competencias clave como en certificados de profesionalidade, centros que poden ser de titularidade tanto de concellos, como de entidades con e sen ánimo de lucro.

Para os que tedes formación académica pero carecedes de experiencia, os propoñemos un programa de prácticas laborais en empresas, para que podades traballar nun entorno real e conseguir con iso que aumenten as vosas posibilidades dun emprego.

O programa desenvólvese a través da convocatoria dunha orden de subvencións que financia as bolsas que las empresas deben abonar mensualmente aos mozos e mozas en prácticas, incentivando así a realización das mesmas.

Para máis información, podedes consultar a orde de 2015: files/Orden_para_subvencins_para_a_financiamento_de_bolsas_s_persoas_novas_que_realizan_prcrticas_non_laborais_en_empresas.pdf

 

Realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos.

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, P. Baixos, Polonia, Portugal, *Azores, *Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía, Suecia, Turquía

Obxectivos que se pretenden acadar:
- incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade
- complementar a competencia profesional e persoal
- adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos
- fomentar a autonomía persoal

DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS:  mínimo de 2 meses e máximo 4 meses consecutivos. Rematará en todo caso o 20 de novembro de 2016.   Mínimo de 100 horas mensuais.

Máis información: files/Orden_del_Programa_de_Movilidad_Galeuropa.pdf

 

Todos aqueles mozos e mozas que deixastes os estudos poderedes retomalos a través deste programa co que pretendemos que a formación profesional se converta no primeiro chanzo de acceso o emprego.

Todos os que non teñades a ESO e esteades entre 18 e 29 anos, poderedes terminala. Despois farásevos un seguimento por parte dos orientadores de emprego durante os tres meses seguintes e verase como poder mellorar a vosa cualificación. Tamén se vos porá en contacto con empresas para facilitar a busca de emprego.

Así mesmo, aprobarase un plan para o desenvolvemento dun programa específico de formación dirixido á obtención de títulos de ensinanzas de ciclos de Formación Profesional de Grado Medio para desempregados entre 18 e 29 anos que teñades o título de Educación Secundaria Obrigatoria, deste xeito faise posible a realización completa dun itinerario curricular que incrementa enormemente as posibilidades de inserción.

Apoio á contratación

Para facilitar a incorporación á empresa das persoas mozas inscritas no SNGX concederase unha axuda ás empresas que lles contraten baixo calquera modalidade contractual temporal, sempre que esta teña unha duración mínima de 6 meses e contratos indefinidos. Os contratos en prácticas e contratos para a formacion e a aprendizaxe terán unha duración mínima de 12 meses. En calqueras das modalidades contractuais a xornada será a tempo completo.

Contías:

200 € por cada un dos primeiros seis meses completos. Esta contía se incrementará en 20 € no caso de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada pu en risco de exclusión social. Incrementarase en 50 € no caso  de que a empresa pertenza a algún dos sectores estratéxicos definidos na orde.

300 € por cada unha das seguintes mensualidades ata un máximo de 6 meses. Esta contía incrementarase en 30 € no caso de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada ou en risco de exclusión social. Incrementarase en 50 € no caso de que a empresa pertenza a algún dos sectores estratéxicos definidos na orde.

Os contratos  para a formación e a aprendizaxe incentivaranse cunha axuda de ata 1.200 e sempre que a súa duración sexa de 12 meses ou a parte proporcional cando o convenio colectivo autorice unha duración menor e o tempo de traballo sexa igual ao 75 % da xornada laboral. Esta cuantía incrementarase en 20 € no caso de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada pu en risco de exclusión social. Incrementarase en 50 € no caso  de que a empresa pertenza a algún dos sectores estratéxicos definidos na orde.

Os contratos en prácticas incentivaranse cunha axuda de 3.600 €. Esta contía incrementarase en 300 € no suposto de que a persoa contratada sexa muller. No caso de que a empresa pertenza a algún dos sectores estratéxicos definidos na orde, a contía será de 4.200 €.

A transformación de contratos temporais a indefinidos estarán subvencionados con 2.500 €. Se a empresa pertence a un sector estratéxico definido na orde, a contía é de 3.700 €.

As contratacións indefinidas iniciais estarán incentivadas cunha axuda de 7.000 €, contía que se incrementará en 600 € se a persoa contratada é unha muller, discapacitada ou en risco de exclusión social. Se a empresa pertenece  a un dos sectores estratéxicos publicados na orde, o incentivo será de 8.200 €.

Os beneficios establecidos non poderán exceder, en concurrencia con outras axudas públicas, o 60 % dos custe salarial de dúas anualidades correspondentes ao contrato que se subvenciona.

Prazo de solicitude: 30/09/16

Para máis información, podedes consultar a orde de 2016:

files/Orde_29_Decembro_Incentivos_Contratacion.pdf

ANEXOS ASOCIADOS CONTRATACIÓNS TEMPORAIS

Solicitude

files/CT-Fase_solicitude_anexo_IIA.pdf

files/CT-Fase_solicitude_anexo_IIB.pdf

files/CT-Fase_solicitude_anexo_IIC.pdf

Xustificación

files/CT-Fase_xustificacin_anexo_IID.pdf

files/CT-Fase_xustificacin_anexo_IIE.pdf

ANEXOS ASOCIADOS CONTRATACIÓNS INDEFINIDAS

Solicitude

files/CI-Fase_solicitude_Anexo_IA.pdf

files/CI-Fase_solicitude_Anexo_IB.pdf

files/CI-Fase_solicitude_Anexo_IC.pdf

Xustificación

files/CI-Fase_xustificacin_Anexo_ID.pdf

files/CI-Fase_xustificacin_Anexo_IE.pdf

 

ANEXO INDICADORES

CARTEL CONTRATACION TEMPORAL

CARTEL CONTRATACIÓN INDEFINIDA

Fomento do emprendemento

Establecimiento de un programa específico con dúas actuacións:

Autoemprego xuvenil: para os menores de 30 anos que opten por constituírse como autónomos ou montar a súa propia empresa, establecerase unha axuda a fondo perdido de 1.200 euros, sen necesidade de acreditar un investimento en activo fixo e coa obriga de permanecer un ano de alta no RETA.

Establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia: sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible por unha contía non inferior a 2.000 euros.

Persoa nova: 7.500 €
Muller nova: 8.000 €
Persoa con discapacidade o en risco de exclusión social: 10.000 €
 
Prazo de solicitude: 30/09/16

Para máis información, podedes consultar a orde de 2016:

files/Orde_29_Decembro_2015_Fomento_Emprego.pdf

ANEXO MODELO DE INDICADORES INICIATIVA XUVENIL

 

Se vos decidides por crear unha cooperativa ou sociedade laboral, ou por incorporarvos a unha xa existente, e sodes menores de 30 anos podederes beneficiarios das seguintes axudas económicas:

Programa de incorporacióna cooperativas e sociedades laborais

Pola incorporación como socios e socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido: 12.000 euros por mozo ou moza incorporada, ata un máximo de 48.000 euros por entidade beneficiaria. Se a cooperativa ou sociedade laboral é de nova creación, a contía da subvención por persoa incorporada será de 15.000 euros, ata un máximo de 60.000 euros por entidade beneficiaria.
Pola incorporación como socios e socias traballadores ou de traballo a proba: 600 euros ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses, por mozo ou moza incorporada e ata un máximo de 14.400 euros por entidade beneficiaria.
As cooperativas e sociedades laborais de nova creación que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido, a mozas e mozos integrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia poderán acceder a unha subvención para custos de estudo e formalización de microcréditosbancarios ata o 100 % do seu custo, cun máximo de 2.000 euros por mozo ou moza incorporada e de 6.000 euros por entidade beneficiaria.
 
Programa de fomento do emprendementodestinado a mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

Subvención para acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas: subvencións para o inicio de actividade, cunha contía de 3.000 euros por persoa beneficiaria.

Subvención para microcréditos: subvención para custos de estudo e formalización de microcréditos bancarios ata o 100 % do seu custo, cun máximo de 2.000 euros por solicitude.

Para máis información, podedes descargar a orde de 2015: files/Orde_de_18_de_agosto_de_incentivos_ao_autoemprego_colectivo_de_persoas_inscritas_no_Sistema_Nacional_de_Garanta_Xuvenil.pdf

Tamén tedes un folleto explicativo á vosa disposición: files/Folleto_incentivos_ao_autoemprego_colectivo_v2.pdf

ANEXO INDICADORES INICIATIVA DE EMPREGO XUVENIL