A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca o programa de mobilidade transnacional Galeuropa 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca ven de convocar o programa de mobilidade transnacional Galeuropa 2016 que consiste na realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas e entidades públicas ou privadas de países europeos.

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, P. Baixos, Polonia, Portugal, Azores, Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía, Suecia, Turquía son os países incluídos neste programa.

Cunha duraciónentre 2 e 4 meses e cun mínimo de 100 horas mensuais, o programa ten como obxectivos complementar a competencia profesional e persoal, adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos e fomentar a autonomía persoal.

Os destinatarios do programa son mozos e mozas que non estean ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e que manteñan todos os requisitos de inscrición no momento da selección, agás o de idade.

Unha vez recibidas as solicitudes, levarase a cabo unha valoración das mesmas dando prioridade a aqueles mozos e mozas que non participasen en convocatorias anteriores e que levan máis tempo inscritos no ficheiros de Garantía Xuvenil. Valoraranse tamén outros criterios como a idade, o risco de exclusión social ou a orde de solicitude.

Este programa contempla ademais dúas liñas de axudas máis para entidades sen ánimo de lucro e para concellos.

O prazo para presentar estas axudas remata o vindeiro 8 de maio.

Máis información: files/Orden_do_Programa_de_Mobilidade_Galeuropa_2016.pdf

A Fundación Paideia organiza un seminario informativo sobre os programas europeos

A Fundación Paideia celebrará unha sesión informativa sobre os programas LaIda y SVE. Trátase de programas de mobilidade europea que promove a entidade co fin de que rapaces da nosa comunidade teñan unha experiencia laboral no estranxeiro. Concretamente, La Ida está destinado a mozos e mozas inscritos en Garantía Xuvenil.

A xornada informativa celebrarase o vindeiro xoves 3 de marzo ás 17:00h (Plaza de María Pita 17, A Coruña, 981223927).

A asistencia a este seminario é obrigatoria no caso de querer participar nos programas.

Para asistir, é necesaria inscrición previa no formulario que podedes atopar no seguinte enlace:  http://www.paideia.es/la-ida/

 

O vindeiro 26 de febreiro celebrarase unha xornada informativa programa de mobilidade trasnacional xuvenil (Galeuropa) 2015-2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza unha xornada informativa o vindeiro venres 26 de febreiro sobre a convocatoria do programa de mobilidade trasnacional xuvenil Galeuropa, un programa de axudas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas público ou privadas de países europeos.

A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as competencias profesioanais dos mozos/as contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa Europea de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.

A xornada se celebrará no Salón de Actos do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). R/ San Lázaro, 107 (Santiago). O encontró está destinado a beneficiarios/as do programa Galeuropa 2015, mozos e mozas maiores de 16 e menores de 30 anos, membros de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no eido da xuventude, técnicos/as de xuventude e de emprego de Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, representantes de empresas interesadas na internacionalización e interesados/as en xeral en proxectos de mobilidade

As inscricións poderán realizarse do 18 ao 25 de febreiro.

Podedes consultar o programa e o formulario de inscrición a través deste enlace:

http://xuventude.xunta.es/2016021818248/xornada-informativa-programa-de-mobilidade-trasnacional-xuvenil-galeuropa-2015-2016.html

Os mozos e mozas inscritos en Garantía Xuvenil poderán optar ó programa Líderes de Futuro que pon en marcha a Consellería de Política Social

AConsellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ven de presentar o programa formativo Líderes de Futuro a través do cal se desenvolverán accións orientadas á mellora de competencias e habilidades da mocidade galega.

O obxectivo do programa é o de potenciar o liderado da xuventude galega nos ámbitos profesional, social e cultural, así como mellorar as súas habilidades no desempeño de liderar un proxecto que facilite a súa empregabilidade a través do desenvolvemento de habilidades persoais e directivas.

Líderes de Futurovai dirixido a un total de 50 mozos e mozas galegos/as con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. As prazas ofertadas repartiranse en tres grupos: 15 prazas para aqueles que emprenderan algunha actividade profesional por conta propia no ano 2015, outras 15 prazas para aqueles rapaces e rapazas inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e 20 prazas para aqueles líderes de asociacións xuvenís inscritas no rexistro de entidades xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e membros de grupos informais que participaran en proxectos de Educación non Formal.

 

Ler máis... Os mozos e mozas inscritos en Garantía Xuvenil poderán optar ó programa Líderes de Futuro que pon...

O CSIC ofrece 199 contratos a mozos e mozas inscritos en Garantía Xuvenil

Os mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (menores de 30 anos) poderán optar a un dos 199 contratos de dous anos de duración que convoca o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). En concreto, o organismo ofrece 44 prazas para titulados superiores e 155 para técnicos superiores; todas elas na modalidade de prácticas.

A iniciativa se enmarca no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que ten como finalidade que o colectivo de mozos e mozas non ocupados nin integrados nos sistemas de educación ou formación poidan recibir unha oferta de emprego tras acabar a educación formal ou quedar desempregados.

Os seleccionados desenvolverán as súas tarefas en centros, institutos ou unidades orgánicas do CSIC distribuídos en diferentes comunidades autónomas. O prazo para a presentación de solicitudes é ata o 18 de febreiro.

As características das prazas ofertadas e toda a información relativa á convocatoria atópase dispoñible na sede electrónica do CSIC.