A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca o programa de mobilidade transnacional Galeuropa 2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca ven de convocar o programa de mobilidade transnacional Galeuropa 2016 que consiste na realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas e entidades públicas ou privadas de países europeos.

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, P. Baixos, Polonia, Portugal, Azores, Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía, Suecia, Turquía son os países incluídos neste programa.

Cunha duraciónentre 2 e 4 meses e cun mínimo de 100 horas mensuais, o programa ten como obxectivos complementar a competencia profesional e persoal, adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos e fomentar a autonomía persoal.

Os destinatarios do programa son mozos e mozas que non estean ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e que manteñan todos os requisitos de inscrición no momento da selección, agás o de idade.

Unha vez recibidas as solicitudes, levarase a cabo unha valoración das mesmas dando prioridade a aqueles mozos e mozas que non participasen en convocatorias anteriores e que levan máis tempo inscritos no ficheiros de Garantía Xuvenil. Valoraranse tamén outros criterios como a idade, o risco de exclusión social ou a orde de solicitude.

Este programa contempla ademais dúas liñas de axudas máis para entidades sen ánimo de lucro e para concellos.

O prazo para presentar estas axudas remata o vindeiro 8 de maio.

Máis información: files/Orden_do_Programa_de_Mobilidade_Galeuropa_2016.pdf

A Fundación Paideia organiza un seminario informativo sobre os programas europeos

A Fundación Paideia celebrará unha sesión informativa sobre os programas LaIda y SVE. Trátase de programas de mobilidade europea que promove a entidade co fin de que rapaces da nosa comunidade teñan unha experiencia laboral no estranxeiro. Concretamente, La Ida está destinado a mozos e mozas inscritos en Garantía Xuvenil.

A xornada informativa celebrarase o vindeiro xoves 3 de marzo ás 17:00h (Plaza de María Pita 17, A Coruña, 981223927).

A asistencia a este seminario é obrigatoria no caso de querer participar nos programas.

Para asistir, é necesaria inscrición previa no formulario que podedes atopar no seguinte enlace:  http://www.paideia.es/la-ida/

 

Os mozos e mozas inscritos en Garantía Xuvenil poderán optar ó programa Líderes de Futuro que pon en marcha a Consellería de Política Social

AConsellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, ven de presentar o programa formativo Líderes de Futuro a través do cal se desenvolverán accións orientadas á mellora de competencias e habilidades da mocidade galega.

O obxectivo do programa é o de potenciar o liderado da xuventude galega nos ámbitos profesional, social e cultural, así como mellorar as súas habilidades no desempeño de liderar un proxecto que facilite a súa empregabilidade a través do desenvolvemento de habilidades persoais e directivas.

Líderes de Futurovai dirixido a un total de 50 mozos e mozas galegos/as con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. As prazas ofertadas repartiranse en tres grupos: 15 prazas para aqueles que emprenderan algunha actividade profesional por conta propia no ano 2015, outras 15 prazas para aqueles rapaces e rapazas inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e 20 prazas para aqueles líderes de asociacións xuvenís inscritas no rexistro de entidades xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e membros de grupos informais que participaran en proxectos de Educación non Formal.

 

Ler máis...

O vindeiro 26 de febreiro celebrarase unha xornada informativa programa de mobilidade trasnacional xuvenil (Galeuropa) 2015-2016

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza unha xornada informativa o vindeiro venres 26 de febreiro sobre a convocatoria do programa de mobilidade trasnacional xuvenil Galeuropa, un programa de axudas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas público ou privadas de países europeos.

A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as competencias profesioanais dos mozos/as contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa Europea de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.

A xornada se celebrará no Salón de Actos do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). R/ San Lázaro, 107 (Santiago). O encontró está destinado a beneficiarios/as do programa Galeuropa 2015, mozos e mozas maiores de 16 e menores de 30 anos, membros de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no eido da xuventude, técnicos/as de xuventude e de emprego de Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, representantes de empresas interesadas na internacionalización e interesados/as en xeral en proxectos de mobilidade

As inscricións poderán realizarse do 18 ao 25 de febreiro.

Podedes consultar o programa e o formulario de inscrición a través deste enlace:

http://xuventude.xunta.es/2016021818248/xornada-informativa-programa-de-mobilidade-trasnacional-xuvenil-galeuropa-2015-2016.html

A Fundación Paideia organiza prácticas en empresas europeas para mozos e mozas inscritos en garantía xuvenil.

A Fundación Paideia está comprometida coa loita contra o desemprego e a mellora da cualificación dos nosos mozos e mozas.  Non en vano, ten como misión promover a innovación social desde a excelencia e interdisciplinariedade, a través da creación de proxectos innovadores e sostibles que fomenten o emprego de colectivos en desvantaxe, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento económico

Unha das súas apostas é o programa la IdA, un proxecto dirixido a mellorar a integración profesional dos mozos e mozas a través do intercambio e a mobilidade.

A IdA ten unha duración habitual de 1 a 3 meses, non ten custe económico e permite a realización de prácticas formativas, curso de idiomas e actividades culturais e deportivas noutro país da Unión Europea. A mobilidade realízase nun grupo formado por 8 – 12 participantes. Un mediador transnacional acompaña ao grupo e un titor de contacto hispano falante asesora ao grupo durante toda a estancia no país de acollida.

Ler máis...