A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza unha xornada informativa o vindeiro venres 26 de febreiro sobre a convocatoria do programa de mobilidade trasnacional xuvenil Galeuropa, un programa de axudas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas público ou privadas de países europeos.

A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as competencias profesioanais dos mozos/as contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.Esta iniciativa enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa Europea de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo.

A xornada se celebrará no Salón de Actos do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). R/ San Lázaro, 107 (Santiago). O encontró está destinado a beneficiarios/as do programa Galeuropa 2015, mozos e mozas maiores de 16 e menores de 30 anos, membros de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no eido da xuventude, técnicos/as de xuventude e de emprego de Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, representantes de empresas interesadas na internacionalización e interesados/as en xeral en proxectos de mobilidade

As inscricións poderán realizarse do 18 ao 25 de febreiro.

Podedes consultar o programa e o formulario de inscrición a través deste enlace:

http://xuventude.xunta.es/2016021818248/xornada-informativa-programa-de-mobilidade-trasnacional-xuvenil-galeuropa-2015-2016.html