A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, convoca ven de convocar o programa de mobilidade transnacional Galeuropa 2016 que consiste na realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas e entidades públicas ou privadas de países europeos.

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, P. Baixos, Polonia, Portugal, Azores, Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía, Suecia, Turquía son os países incluídos neste programa.

Cunha duraciónentre 2 e 4 meses e cun mínimo de 100 horas mensuais, o programa ten como obxectivos complementar a competencia profesional e persoal, adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos e fomentar a autonomía persoal.

Os destinatarios do programa son mozos e mozas que non estean ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e que manteñan todos os requisitos de inscrición no momento da selección, agás o de idade.

Unha vez recibidas as solicitudes, levarase a cabo unha valoración das mesmas dando prioridade a aqueles mozos e mozas que non participasen en convocatorias anteriores e que levan máis tempo inscritos no ficheiros de Garantía Xuvenil. Valoraranse tamén outros criterios como a idade, o risco de exclusión social ou a orde de solicitude.

Este programa contempla ademais dúas liñas de axudas máis para entidades sen ánimo de lucro e para concellos.

O prazo para presentar estas axudas remata o vindeiro 8 de maio.

Máis información: files/Orden_do_Programa_de_Mobilidade_Galeuropa_2016.pdf